Saturday 04 de May de 2024

O xornalista alemán Carsten Moser recibirá o xoves o I Premio Mundiario na Fábrica


Carsten Moser será galardoado co Premio Mundiario de xornalismo. O prestixioso xornalista alemán, moi vencellado a España, traballou no xornal Die Zeit, a revista Stern, así como en varias correspondencias e medios. É autor do libro “Quo vadis, Europa?”, que pesou na decisión do xurado de outorgarlle o premio nesta súa primeira edición. Tamén é economista pola Universidade de Hamburgo.

O acto de entrega, aberto a toda a cidadanía e gratuíto, terá lugar no auditorio da Fábrica o vindeiro xoves 19 de xaneiro a partir das 19.00 horas. Será presentado pola xornalista María Almodóvar e contará coa participación do alcalde, Ángel García Seoane, e do presidente de Mundiario e veciño de Montrove, José Luis Gómez.